skip to content

Cookies en la web de la UE

Usamos cookies para ofrecer una experiencia óptima. Seguirá recibiendo cookies si no cambia su configuración. Puede controlar y suprimir cookies siempre que lo desee.

Continuar
 
 
 

Parlamento Europeo

Grazas por visitar o sitio Web da Oficina do Parlamento Europeo en España.

A Oficina do Parlamento Europeo en España é un servizo aberto a tódolos cidadáns que desexan ou precisan coñecer a información e actividades do Parlamento Europeo e dos eurodeputados españois.

Nas súas dúas sedes (Madrid y Barcelona) a Oficina mantén un conxunto de servizos destinados a facilitar a relación entre a Institución e os cidadáns españois. Estes servizos concentrasen en tres grandes áreas de traballo:

Información

Atende as peticións de información sobre as actividades do Parlamento europeo e sobre a lexislación comunitaria. A través da páxina Web pon a disposición do internauta unha ampla información sobre o Parlamento Europeo, os eurodeputados españois, as Eleccións Europeas e a actualidade parlamentaria.

Prensa e Medios de Comunicación

A Oficina difunde as noticias e comunicados de prensa do Parlamento Europeo entre os medios de comunicación españois. Facilita o acceso dos xornalistas para o seguimento das sesións plenarias do P.E. e das actividades dos seus deputados. Organiza conferencias de prensa para facilitar o contacto entre os medios de comunicación e os eurodeputados.

Presta varios servizos diarios de prensa, como son o Resumo de Prensa escrita que se centra principalmente nas novas relacionadas co Parlamento e a Unión Europea; un Boletín de Titulares con acceso directo aos artigos de prensa dixital e alertas de radio e televisión.

Na Sala de Prensa da Web da oficina, actualízanse diariamente estes servizos.

Educación, Formación e Xuventude

O seu obxectivo é facilitar á xente nova o acceso á información do seu interese, relacionada con aspectos do Parlamento e da Unión europea, e ampliar as súas posibilidades de formación, tanto académica como persoal e profesional.

Más información: